Crea actividades multimedia con ARDORA

A creación do compañeiro Xose Manuel Bouzán do CEIP de Palmeira non deixa de nos procurar incribles posibilidades para a creación de actividades educativas multimedia. Podes comprobalo sinxelamente entrando na web http://www.webardora.net/exemplos_gal.htm, ou ben comezando por explorar moitas aplicacións xa feitas na páxina do cole de Palmeira (que merece a pena visitar pola súa calidade e cantidade de contido de interese) http://centros.edu.xunta.es/ceipdepalmeira/Ánimo e a crear actividades. Quedo á espera de coñecer as vosas creacións.







Lingua galega e software libre

Presentouse o pasado venres en Santiago unha iniciativa interesante: a aposta pola promoción do uso do denominado "software libre" na nosa comunidade. Por moitos motivos: calidade, gratuidade (fundamental) e outro non menos importante, o seu carácter aberto, característica que posibilita - entre outras - a súa traducción ó galego.

Deste xeito camiñamos cara á normalización potenciando a presencia do galego nas novas tecnoloxías, achegando aplicacións útiles e moi atractivas con interfaces galegas e facendo presente a lingua nos eidos punteiros da sociedade.

Na web http://www.mancomun.org atopamos moita información sobre esta iniciativa. Dentro desta atopamos o programa de traducción compartida ENTRANS, no que podes participar achegando as túas suxerencias de traducción galega de aplicacións ou mesmo suxerir ferramentas intersantes para traducir.

Bótalle unha ollada e participa.

Etnonet (Enciclopedia interactiva de cultura galega)

Unha nova creación de Antón Vicente. Mellorando a anterior versión. Con esta ETNONET2 podes por a proba os teus coñecementos sobre a cultura galega respostando a unha serie de preguntas de opción múltiple, sinxelas e ilustradas con imaxes.
Proba a utilidade desta aplicación para os teus alumnos e alumnas. Está disponible no portal de edugaliza. http://www.edugaliza.org/dsc/Etnonet2/index.htm