Axudas para o fomento do uso do galego


A secretaría xeral de política lingüística ven de convocar axudas para proxectos de fomento de uso do galego nos centros educativos. Axudas que chegarán até os 2500€.
Está publicado no DOG do venres 23 de novembro.
Semella unha boa ocasión para rendibilizar esforzos, xa que moitas das iniciativas que xa están en marcha nos colexios e institutos ben poden acadar estes recoñecementos. Anímovos a plasmar as vosas ideas nun proxecto e presentalo nestes vindeiros días.
O prazo é de vinte días contados a partires desta data 23 de novembro.

Se queres consultar o texto íntegro da convocatoria proba esta ligazón:

Operación CAN

Esta operación can é unha iniciativa moi interesante que promociona a creación de materiais multimedia orixinais, imaxinativos e relativos á proteción da natureza e especialmente dos animais. Pódedes informarvos dos detalles en:
http://www.info@operacioncan.com
E para mostra, un botón. Disfrútao.