
A secretaría xeral de política lingüística ven de convocar axudas para proxectos de fomento de uso do galego nos centros educativos. Axudas que chegarán até os 2500€.
Está publicado no DOG do venres 23 de novembro.
Semella unha boa ocasión para rendibilizar esforzos, xa que moitas das iniciativas que xa están en marcha nos colexios e institutos ben poden acadar estes recoñecementos. Anímovos a plasmar as vosas ideas nun proxecto e presentalo nestes vindeiros días.
O prazo é de vinte días contados a partires desta data 23 de novembro.
Se queres consultar o texto íntegro da convocatoria proba esta ligazón: