ola compañeiros

esta primeira entrada no bicarelo ten só por obxecto saludarvos, dar a benvida a todos e presentarvos unha bitácora que, para comezar, pretender servir de dinamizador das vosas novas blogs.
como primeiro paso, quero pedirvos que enviedes un comentario a esta primeira entrada no que incluades a dirección da vosa bitácora. Eu ireinas incluíndo no apartado de ligazóns de interese, no menú da dereita, para que todos poidamos entrar a coñecelas.
gustaríame que nas vosas blogs comezasedes cun artículo que falase do curso que temos feito. un texto no que comentedes, por exemplo, a parte deste curso de formación que vos resultou máis interesante, entretida ou útil (ou mesmo todo iso xunto); tamén sería moi interesante se alguén está a traballar nalgún dos programas que temos visto, que nolo comente.

adiante coas blogs.

10 comentarios:

Anónimo dijo...

Boas apañer@s!
Este é o enderezo do meu blog http://casadetolos.nireblog.com/

Paco, un consello, fai que os enlaces se abran nunha nova ventá se non á primeira de cambio marchamos do teu blog je je je

Lémonos!

Bicos

Anónimo dijo...

Ola!

Coincido coa apreciación de Belén e engadiría outra: non estaría mal que cada un de nos puidese subir cousas quedando tí como único administrador.
Ah... alguén está facendo algo do que nos amosaron no cursiño?... Eu ando dándolle voltar ao Ardora. Cando teña algo verei como amosalo.

Belenjunquera dijo...

Eu tamén quero facer actividades co Ardora, empezarei cando remate co curso no que estou. En canto a onde subilas, eu teño espacio no dominio da páxina web, poderiamos poñelo alí se vos parece.

Anónimo dijo...

Por certo, o consello que lle dei a Paco pensaredes que debía aplicalo na miña blog pero en Nireblog "ainda" non se pode facer eso. Pero poderase facer en breve. Bicos

Pacodíaz dijo...

vou intentar aplicar estes consellos e, por certo, ¿como farei para que todos podades subir cousas que eu administre na blog?
eso parece moi útil.

Anónimo dijo...

Para permitir que outras persoas deixen artigos (posts) en Blogger tes que ir a Opciones - Miembros - Añadir nuevos miembros . Alí hai que indicar quen é o administrador
e quen non teñen tal privilexio. Creo lembrar que só hai que indicar o correo electrónico dos distintos membros.
En Nireblog engadir novos membros é aínda máis doado.

Anónimo dijo...

Ola. Son Nito, eu non poiden asistir ao curso e non sei ben como funciona isto pero estou interesado. Podería alguén axudarme. O meu correo é: aferrer@edu.xunta.es

Pacodíaz dijo...

ola Nito. explícoche. fixemos un curso moi variado acerca de ferramentas no ámbito de internet para o traballo de aula. un dos contidos foron as blogs e a súa utilización como ferramenta didáctica. aprendimos a facer unha blog cada un de nós e, este "bicarelo" pretende ser unha ferramenta para dinamizar este experimento. polo de agora estamos a comezar. tentaremos de ir dando a coñecer estas novas blogs e incorporando nesta rolda de comentarios recordos e enlaces a todos estos recursos das novas tecnoloxías en galego e para o galego (e o resto das áreas de coñecemento)
Se che interesa este traballo, dámosche a benvida.

Vicente dijo...

Grazas Paco polo magnífico CD que nos pasaches co certificado do curso. O mellor e máis completo recopilatorio que me pasaron de curso algún. Parabéns polo traballo.

Anónimo dijo...

Agora mesmo estaba con el. Moi bo e moi útil. Graciñas aos dous
bicos