
Xa temos nova normativa para o uso do galego no sistema educativo. Publicouse no DOG o pasado venres, 29 de xuño e aporta algunhas novidades:
50% do horario lectivo en galego
Documentación e comunicacións institucionais en galego
Comeza un plan de formación para actualizarse (cursos de galego para docentes)
Este 50% das horas implica algunhas áreas e asignaturas que serán necesariamente en galego e outras que se adoitarán en decisións de centro. As normativas son as seguintes:
En primaria: matemáticas, coñecemento do medio e educación para a cidadanía
En secundaria: ciencias da natureza (tamén bioloxía e xeoloxía ademáis da física e química, ciencias sociais, xeografía e historia, matemáticas e educación para a cidadanía)
Accede ao texto do Decreto premendo aquí.
No hay comentarios:
Publicar un comentario