A LOMCE: Quid prodest?
Distraer significa apartar a atención dos asuntos que realmente nos ocupan (ou deberían ocuparnos).
Tan noble actividade, propia de magos, artistas, escritores e escritoras, ten o seu lado escuro cando se utiliza para enganar, timar ou roubar. Esta súa cara menos noble aparece cando ocupa ás persoas que teñen encomendados os asuntos importantes, isto é, aos poderes públicos. Cando son os nosos gobernantes quen deseñan maniobras de distracción que nos manteñen ocupados, mesmo discutindo entre nós - os cidadáns e cidadás - podemos estar certos de que, mentres tanto, algo ben feo andan a nos preparar.
Estes días escoito decote nos medios, leo nos xornais e mesmo teño discutido con familiares e amigos sobre a nova consideración da asignatura de relixión nos currículos que se deseñan na LOMCE. Que tempo máis miseráblemente desperdiciado, penso eu, distraídos con esta "maniobra", no canto de adicar a nosa atención aos cambios, estes si profundos, que nos sitúan - ben entrado xa o século XXI, nun sistema educativo que fai modernísima á reforma educativa do ano 70 do século pasado.
Que compute para as notas do alumnado unha asignatura confesional (ou a súa opción obrigatoria) - aínda que constitúa unha clara concesión ideolóxica e, de paso, unha aberración pedagóxica - non é o asunto central, non é a novidade que conforma o peor desta normativa. Esta lei, carente de fuste e apoiatura científica, bota por terra as ilusións de todos cantos participan na educación: pais e nais, profesorado e alumnado; sen diferenciar gustos, preferencias e/ou ideoloxías.
Recoméndovos a lectura do magnífico artículo da profesora Jover ao respecto. Reparade que, na súa impecable análise, non hai unha liña perdida coa asignatura de relixión.
Daquela, se esta cuestión da relixión non é máis que unha maniobra de distracción, cal é o asunto? De que nos hai que distraer? Preguntémonos - como Medea na traxedia grega - Quid prodest? Isto é: a quen beneficia? Quen agarda beneficiarse desta reforma? Os alumnos e alumnas? As familias? Os traballadores e traballadoras do ensino público? As persoas con dificultades económicas, sociais? Estes non serán.
Quid prodest scelus, is fecit. En latín: aquel a quen favorece o crime, foi quen o fixo.
Coidado coa carteira amigos e amigas, católicos ou non, conservadores ou progresistas, de esquerdas ou dereitas. Non sexa que vola "distraigan". Nesta carteira da educación vai o futuro dos vosos fillos e fillas. O máis valioso que temos.
O artículo de Guadalupe Jover aquí
"El horizonte roto de la escuela pública"
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario