Que escola queremos?


Fermoso día o de hoxe. Comenza o curso escolar.

Hoxe, por primeira vez quizais en moitos días, milleiros de pequenos percorreron as rúas das nosas vilas moi cedo pola mañá, cargados coas súas mochilas para reeencontrarse con amigos e amigas, profes, conductores/as do transporte, axudantes, coidadoras e coidadores, cociñeiras, persoal de limpeza, conserxes... tantas e tantas persoas que teñen/temos a inmensa sorte, o incomparable privilexio de poder formar parte do universo educativo.

E malia os difíciles tempos que estamos a vivir, malia as estreituras (económicas e mesmo intelectuais) que enfrentamos, estaremos aí, a punto para comenzar xuntos unha nova viaxe apaixoante. Un traxecto inzado de vivencias e emocións, de aprendizaxes e experiencias... de vida. Pura e intensa vida. A pureza e a intensidade vital propias da infancia.

Escribiu H.G. Wells que "A historia da humanidade é unha longa carreira entre a educación e a catástofre". Os profes estamos, sen dúbida, do lado da educación. Temos diante un reto imponente, mais temos tamén firmes aliados: as nenas e os nenos, as súas familias, os nosos compañeiros e, moi especialmente, a firme e irrenunciable forza de sabernos loitando no lado bo desa carreira.

A escola é un magnífico lugar para traballar. E quizais neste primeiro día tamén é un bo lugar para reflexionar, para imaxinar e facermos proxectos fermosos. Miremos hacia diante, miremos aos ollos dos nosos alumnos e alumnas, miremos hacia dentro de nós mesmas/os e imaxinemos, con optimismo.

Propóñovos unha pregunta: Que escola queremos?

Ou mellor aínda, mirade este pequeno vídeo para entender mellor o que quero dicir. Escoitade a historia de Luisa, a tenra historia da avoa de Francesco Tonucci (Frato) e daquela...

Que este curso sexa o mellor! Bo comenzo!

No hay comentarios: