23 de abril. Día da elegancia

E ti es elegante? Queres ser elegante?

Sei que nestes tempos que vivimos non é doado saber o que é ou non é elegante, pero seguramente esto non foi doado en ningunha época. Resulta difícil escoller. Porque diso se trata, de escoller; e de escoller ben!

En fin, que teño a solución.

Elegancia é unha verba fermosa, sonora e suxestiva. O seu significado procede, esencialmente, do seu compoñente fundamental: o étimo indoeuropeo -LEG- que en tempos moi lonxanos significaba xuntar, recolectar... no grego antigo está emparentado con -logos- (discurso) e -légein- (falar, dicir, contar...); pero onde atopamos un clarísimo parentesco é no latino -LEGERE- que é - como ben saberedes - a orixe do actual "LER"

Daquela o verbo ler remite ao feito de escoller, de saber escoller, de escoller o mellor, o máis importante ou relevante, o axeitado... permite, axuda a ser inteLIXente e, por suposto, elegante.

En fin, volvendo ao principio desta entrada, se queres ser elegante? Pois xa sabes: escolle un bo libro e... a ler!

Feliz 23 de abril, día do libro... e da elegancia.

*Esta entrada está inspirada nun magnífico discurso do anterior ministro de Educación e Cultura, Ángel Gabilondo, nas postrimerías do seu mandato institucional.

No hay comentarios: